← Volver á portada

ANPA Marcón · Curso 2026-2027

Actividades extraescolares

Fin de inscricións

Inicio das actividades

Solicitar actividades extraescolares

PRAZAS LIMITADAS! · PREZOS PARA SOCIOS DA ANPA

Formación dos grupos: as actividades só se realizarán se hai suficientes nenos e nenas inscritos para formar o grupo mínimo.

LUNS

6–12 anos

INGLÉS TRINITY

Iniciación e preparación para os exames de Trinity College London, con enfoque na comunicación oral e na confianza no idioma.

  • Día e horario: luns, de 16:30 a 18:00
  • Localización: CEIP de Marcón
  • Idade: de 6 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as
  • Prezo: 20 €
  • Organizada por Educaocio Animación
3–12 anos

BAILE MODERNO

Mediante os exercicios realizados en baile, aeróbic, batuka ou ballet favorécese a coordinación do corpo coa música ao mesmo tempo que se estimulan as aptitudes imaxinativas e creadoras.

  • Día e horario: luns, de 16:30 a 17:30
  • Localización: CEIP de Marcón
  • Idade: de 3 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as
  • Prezo: 16 €
  • Organizada por Educaocio Animación

MARTES

3–6 anos

FÚTBOL BIBERÓN

Achega os máis pequenos ao fútbol biberón introducindo conceptos básicos do deporte nun contexto de xogo e diversión.

  • Día e horario: martes e xoves, de 16:30 a 17:30
  • Localización: Campo de fútbol O Carrasco
  • Nota de localización: se chove, a actividade realizarase no pavillón
  • Idade: de 3 a 6 anos
  • Prezo: 120 € ao ano
  • Xestionado por Marcón C.F.
6–12 anos

ROBÓTICA EDUCATIVA

Aprenden xogando: constrúen, programan e dan vida ás súas propias creacións mentres desenvolven o pensamento lóxico e a creatividade.

  • Día e horario: martes, de 16:30 a 18:00
  • Localización: CEIP de Marcón
  • Idade: de 6 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as
  • Prezo: 25 €
  • Material incluído
  • Organizada por Educaocio Animación
6–12 anos

ATLETISMO

Iniciación ao atletismo mellorando a coordinación, a resistencia, a velocidade e o traballo en equipo.

  • Día e horario: martes e venres, de 16:30 a 17:30
  • Localización: Pavillón Monte Carrasco
  • Idade: de 6 a 12 anos
  • Prezo: 50 € o curso
  • Impartida polo Club Atletismo Rías Baixas

MÉRCORES

3–12 anos

OBRADOIRO DE COCIÑA

Os nenos e nenas non só aprenden a preparar pratos deliciosos; desenvolven a súa autonomía, descobren a importancia da alimentación saudable e melloran a súa paciencia e creatividade.

  • Día e horario: mércores, de 16:30 a 18:00
  • Localización: CEIP de Marcón
  • Idade: de 3 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as
  • Prezo: 23 €
  • Material incluído
  • Organizada por Educaocio Animación

XOVES

3–6 anos

FÚTBOL BIBERÓN

Achega os máis pequenos ao fútbol biberón introducindo conceptos básicos do deporte nun contexto de xogo e diversión.

  • Día e horario: martes e xoves, de 16:30 a 17:30
  • Localización: Campo de fútbol O Carrasco
  • Nota de localización: se chove, a actividade realizarase no pavillón
  • Idade: de 3 a 6 anos
  • Prezo: 120 € ao ano
  • Xestionado por Marcón C.F.

VENRES

3–12 anos

MULTIDEPORTE

Moito máis ca un deporte!!! A actividade de multideporte ofrece unha contorna lúdica e dinámica onde o alumnado explora diferentes disciplinas físicas a través do xogo. Este enfoque divertido potencia o desenvolvemento psicomotor e sociomotor dos nenos e nenas, a coordinación xeral, a axilidade, o compañeirismo e a motivación.

  • Día e horario: venres, de 16:30 a 17:30
  • Localización: CEIP de Marcón
  • Idade: de 3 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as
  • Prezo: 16 €
  • Organizada por Educaocio Animación
3–12 anos

TEATRO

A través do xogo dramático, os nenos e nenas desenvolven a súa expresión verbal e corporal, a creatividade, a empatía e a confianza en si mesmos, mentres se divirten interpretando personaxes.

  • Día e horario: venres, de 16:30 a 17:30
  • Localización: CEIP de Marcón
  • Idade: de 3 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as
  • Prezo: 16 €
  • Organizada por Educaocio Animación
6–12 anos

ATLETISMO

Iniciación ao atletismo mellorando a coordinación, a resistencia, a velocidade e o traballo en equipo.

  • Día e horario: martes e venres, de 16:30 a 17:30
  • Localización: Pavillón Monte Carrasco
  • Idade: de 6 a 12 anos
  • Prezo: 50 € o curso
  • Impartida polo Club Atletismo Rías Baixas

Ata o 24 de setembro de 2026

Solicitar actividades extraescolares

Para solicitar praza, cobre o formulario de inscrición indicando os datos do alumno/a, o curso e as actividades escollidas.

Prezos para socios da ANPA.